Relacionado co traballo de investigación sobre Xosé Iglesias as aulas de 5ºA e 5ºB o venres 21 de novembro visitaron o museo da pesca de Fisterra. A visita foi guiada por Alexandre Nerium que lles contou moita información sobre as artes de pesca, cómo se pescan os pulpos, distintos tipos de nasas,como diferenciar unha navalla dun longueirón, sobre a pesca da balea,e moitas máis cousas . Ao finalizar recitounos este poema:
Cabaleiro do mar, fun cabaleiro
dun castelo de estrelas desvalidas,
entre cachóns de anémonas perdidas
entre cinzas que afloran no salseiro.
O mércores 26 reunirase o grupo de nenos/as de 5º que están recopilando información con Toño Casais para continuar coa preparación do podcast sobre "Xosé Iglesias" .

Ningún comentario:
Publicar un comentario