28/04/26

Apadriñamentos lectores : Día do libro

 Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria  despois de coñecer aos 

seus afillado/as e conversar sobre os seus gustos en lectura, está acudindo a biblioteca

para escoller o libro que  fale da temática elexida. 

Realizaremos a actividade de apadriñamentos o 30 de abril. 




21/04/26

Radio escolar: Ponte nas ondas

  XORNADA  DO 24 DE ABRIL -  Xornada radiovisual interescolar

 Emisión desde  o auditorio de VIMIANZO 

   Participa o alumnado de 3º de primaria 

  Título: Patrimonio natural e  cambio climático

   Hora: 10:15 a 10:35


                Emisión en directo  o 24 de abril desde a web de P.N.O




17/04/26

Resultado do 1º certame de poesía e entrega de agasallos

 



Dende o equipo de biblioteca queremos dar as grazas a todo o alumnado que participou      no 1º certame de poesía organizado pola biblioteca escolar. 

O alumnado premiado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria  recitou  a sua poesía acompañado/a do seu titor/a e recibiu   un agasallo. 

En total foron 10 os premiados/as.  Noraboa ! 👏👏