30/11/19

Anímaste a...

A partir de agora na entrada da biblio temos un espazo para que tanto alumnos como profes poidan recomendar os seus libros preferidos ao resto dos compañeiros e compañeiras.

Se che gustou moito un libro pídelle unha folla de recomendación ao equipo de biblioteca ou aos seus axudantes e o colgarán na parede para que o resto dos nenos o poidan ver.

Tamén podedes recomendar os vosos libros deixando un comentario nesta mesma publicación. Anímadevos a participar!


10/11/19

Mochilas viaxeiras


mochila viaxeira

Raposín, a nosa mascota, quere comentaros que en breve comenzará a actividade das mochilas viaxeiras.

En total, serán este curso  6 mochilas viaxeiras que viaxarán  nas aulas de  2ºA, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB, 4ºC
Dentro delas  van distintos libros e tamén 
o caderno viaxeiro, no cal podedes escribir os vosos comentarios.






04/11/19

Visita de Laura Suárez

Moitas  gracias a Laura Suárez por visitar a nosa biblioteca e presentar ao alumnado de 5º e 6º de primaria  o seu primeiro comic "Los cuentos de la niebla".


Esperamos vela moi pronto  presentándonos o seu novo traballo "Conexión Macarrón", da autora Ledicia Costas, e ilustracións de  Laura Suárez.