17/05/13

"Defendendo o noso " Letras Galegas 2013

No seguinte vídeo, algúns dos nosos alumnos  invítanvos a " vivir...en galego". Eles  xa o fan.
Tamén, como non podería ser de outro xeito, rendemos unha pequena homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, autor ao que a Real Academia Galega adica este ano o Día das Letras Galegas.

"Apadriñamentos Lectores "

Como xa sabedes, o pasado 23 de abril celebramos no cole o Día Mundial do Libro.Neste vídeo podemos ver a grandes e pequenos ( padriños e afillados ) compartindo historias na Hora de Ler. Os padriños buscaron o libro e prepararon a lectura, pero...non ían marchar coas mans baleiras, non si ? Os afillados, en agradecemento, prepararon marca páxinas personalizados para agasallalos.

06/05/13

Roberto Vidal Bolaño

Este ano, a Real Academia Galega adica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral.

As caras de Rosalía

Tamén a música nos acompaña no mes das Letras Galegas. Esta vez é KadiGB, nunha pequena homenaxe á primeira persoa á que se lle adicaron as Letras Galegas,alá polo ano 1963.

10/04/13

Aprender a buscar na rede. Un recurso para a autoformación e para a formación do alumnado.



Unha presentación clara e concisa, froito dun traballo colaborativo de Olga Rodríguez Charo Sánchez-Gabriel, que axudará ao noso alumnado a non perderse ao navegar por internet. Agradecemos a estas dúas compañeiras a súa dedicación e xenerosidade.

08/04/13



ABRIL,
MES DO LIBRO


O pasado  2 de Abril conmemorouse, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.

No noso cole, este mes poñeremos en marcha dúas actividades de animación á lectura.

1º actividade: “ Na hora de Ler propoñemos…”
  Un día á semana, durante este mes de abril,  os profes empezámoslles un libro na Hora de Ler, para tratar de espertar o seu interese por continuar esa lectura. Despois eles  poden achegarse á biblioteca e levalo en préstamo.

     

 2º actividade :“Apadriñamentos lectores”
  
        Os alumnos de 2º e 3º ciclo apadriñan  aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.

    Unha vez que coñezan ao seu afillado, deben buscar unha lectura axeitada para el e preparala, co fin de poderlla ler o Día do Libro, que é  o martes 23 de abril.
     Ese día , se o tempo acompaña, poderán saír ao patio para compartir esta experiencia; senón xa buscarán algún recuncho dentro onde poder ler tranquilos.

     Segundo as asesoras de  bibliotecas escolares ,esta actividade  contén  enerxía educativa de alto voltaxe, porque as nenas e os nenos non só están practicando habilidades de lectura, tamén habilidades sociais, de coidado do outro, de escoita, de prestar atención ao compañeiro, sexa grande ou pequeno, de pensar no outro, nas súas necesidades e intereses (cando se escolle un libro para ler); é dicir, non só é unha actividade de fomento da lectura, senón tamén de educación en valores, de educación para a convivencia.








___________________________________________________________________

25/03/13

Os contacontos de kalandraka achégannos a Quentin Blake


Hai algunhas semanas os pequerrechos do cole recibiron  a visita de Patricia e Alex, os contacontos de kalandraka.

Eles presentáronlles a Loreto, unha muller ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera
cousa pode resultar útil nas súas mans, por iso, como por arte de maxia, de todos os recunchos do seu abrigo saen xeados, bucinas ou sombreiros.


Pero Loreto non veu soa. A maleta dos contacontos tamén traía a Críctor e a unha galiña moi traballadora...


Título: Os petos de Loreto
Autor: Quentin Blake
Editorial: Kalandraka

Con este libro, traemos ata o noso blog a QUENTIN BLAKE, coñecido debuxante, sobre todo por ilustrar moitos dos libros dun autor maravilloso: ROALD DAHL
Aquí vos deixamos un par de vídeos con moitos debuxos deste recoñecido ilustrador. Disfrutádeo!!




09/03/13

Contacontos de Xerais para o 1º ciclo

O pasado mércores, 6 de marzo, profes e alumnos de 1º ciclo, tivemos a oportunidade de coñecer a Linda, unha vaca un pouco bromista...

27/01/13



Xogos, unidades didácticas, manualidades,vídeos, música, cine, px Lim,  e moitos outros recursos para traballar o tema da Paz nos blogs das nosas biblios favoritas.

26/01/13

Macaco - Mensajes Del Agua


Nos próximos días, celebraremos no cole a semana da Paz. Un pouco de música para ir entrando en ambiente.



20/01/13

Algún día...





         
                                                         


                                       

                                                

                                                                                                
             
                                              


                                                                                     






19/01/13

Hora de ler

Este curso escolar  xa temos a nosa Hora de ler !




“ Hora de Ler “ é o lema do programa para o fomento da lectura en centros de ensino, que a Consellería de Educación botara a andar a comezos de 2006.

Pero é tamén o lema escollido por moitos centros de ensino de Galicia para referirse a ese tempo dedicado á lectura nas aulas, que se vai estendendo por centros de infantil, primaria… institutos, onde o profesorado pon a imaxinación a andar para tratar de facer visible a biblioteca no espazo educativo e poñer en valor o libro e a lectura entre os máis novos.