10/04/13

Aprender a buscar na rede. Un recurso para a autoformación e para a formación do alumnado.



Unha presentación clara e concisa, froito dun traballo colaborativo de Olga Rodríguez Charo Sánchez-Gabriel, que axudará ao noso alumnado a non perderse ao navegar por internet. Agradecemos a estas dúas compañeiras a súa dedicación e xenerosidade.

08/04/13



ABRIL,
MES DO LIBRO


O pasado  2 de Abril conmemorouse, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.

No noso cole, este mes poñeremos en marcha dúas actividades de animación á lectura.

1º actividade: “ Na hora de Ler propoñemos…”
  Un día á semana, durante este mes de abril,  os profes empezámoslles un libro na Hora de Ler, para tratar de espertar o seu interese por continuar esa lectura. Despois eles  poden achegarse á biblioteca e levalo en préstamo.

     

 2º actividade :“Apadriñamentos lectores”
  
        Os alumnos de 2º e 3º ciclo apadriñan  aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.

    Unha vez que coñezan ao seu afillado, deben buscar unha lectura axeitada para el e preparala, co fin de poderlla ler o Día do Libro, que é  o martes 23 de abril.
     Ese día , se o tempo acompaña, poderán saír ao patio para compartir esta experiencia; senón xa buscarán algún recuncho dentro onde poder ler tranquilos.

     Segundo as asesoras de  bibliotecas escolares ,esta actividade  contén  enerxía educativa de alto voltaxe, porque as nenas e os nenos non só están practicando habilidades de lectura, tamén habilidades sociais, de coidado do outro, de escoita, de prestar atención ao compañeiro, sexa grande ou pequeno, de pensar no outro, nas súas necesidades e intereses (cando se escolle un libro para ler); é dicir, non só é unha actividade de fomento da lectura, senón tamén de educación en valores, de educación para a convivencia.








___________________________________________________________________