26/04/24

Presentación do libro "O castiñeiro de cores"

Hoxe na biblioteca, o alumnado de 5º de infantil, presentou o seu libro "O castiñeiro de cores" fruto do traballo coas familias e coas titoras Marisa Miguens  e María Lorenzo . 

Este proxecto está encadrado no programa Voz Natura .   Noraboa !!!



Alumnado de 5º Infantil

Presentación do libro ás familias 
 
O castiñeiro de cores 


25/04/24

Apadriñamentos lectores : día do libro

 O 23 de abril o alumnado de Educación infantil acudiu a casa da cultura a ver unha obra  de Talía teatro "Rosa caramelo"

O 24 de abril  realizamos a actividade dos apadriñamentos lectores organizada polo equipo de biblioteca. O alumnado compartiu  lecturas en boa compañía. 

Preme no enlace para ver as imaxes que publicamos na páxina web do cole

                                            👉    Apadriñamentos 2024   

17/04/24

Pasando a bóla. Xogando para cambiar

PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR -              A Xanela do Maxín

O mércores 17 de abril as 12:45 no auditorio da casa da cultura.

Dirixida ao   alumnado de 4º e 5º de primaria. 



Esta actividade está baseada no libro “A Banda dos insectos”
 de Celtia Figueiras e inspirado na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido. Aborda o  problema do bullying no contexto escolar. 

Contará coa colaboración do alumnado voluntario. En conxunto, escenificarán escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso nas escolas.






Alumnado voluntario participante