11/12/14

Xa estamos a piques de rematar o primeiro trimestre.
Sabemos que andades moi atarefados escribindo as cartas a Papá Noe e ao Reis Magos.
Así que, aquí tedes as nosas recomendacións, por se vos animades a incluir algún destes títulos nas vosas peticións. E, por certo...Feliz Aninovo, a todos e todas!

27/11/14


Como algúns xa sabedes, un dos obxectivos da nosa biblioteca para este curso  é a de proporcionar materiais e recursos para a Formación de Usuarios.

Aproveitando  que, os máis maiores do cole, están traballando tema na aula, rescatamos esta presentación elaborada polo CEIP Vales Villamar
ín de Betanzos, esperando que vos sexa de utilidade.

Como buscar información nos libros


More presentations from biblioteca vales villamarin

25/11/14


O día 25 de Novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. É este un problema que debemos traballar dende a familia, dende a escola... dende todos os ámbitos da sociedade.

Hoxe, para a Hora de Ler, propoñemos que nos conten un conto.

Para o máis pequenos, "Unha feliz catástrofe ":




Para os, non tan pequenos " O maltrato Sutil "




Para o máis maiores, vídeos para a reflexión .

Está nas nosas mans, que non sexa un soño imposible:









Somos conscientes da influencia da publicidade ?