24/04/15

Abraham Carreiro, visítanos na semana do Libro

O pasado martes 21,  os alumnos de 3º e 4º  tiveron  a oportunidade de participar nun obradoiro, da man do autor e ilustrador Abraham Carreiro.
Ademais, puideron coñecer un pouco máis de cerca a Nuno, Marabilla...e outros personaxes de "Estudios Tex".
 
 
 
A segunda cita, tivérona os  alumnos de 6º de Primaria.
 
 
 

Neste caso, o tema xirou en torno a un libro que eles coñecían ben : "Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata ".
 
 
 
 
Explicoulles de que xeito se organiza para escribir: como escolle o tema, como se documenta sobre el, por que decidiu escribir sobre piratas informáticos...
 



 
 
 











Despois viñeron as preguntas e os comentarios,
a sinatura do autor en algúns exemplares
e, como non, os agradecementos. 
 
 

Marcopola remou ata Cee



O pasado 26 de marzo, os alumnos de 1º e 2º de Primaria, recibimos a visita de Jacobo Fernández Serrano.
Jacobo veu  a presentarnos a Marcopola, o seu último libro en banda deseñada.
Soubemos un pouquiño máis sobre a historia desta illa, de onde saiu o nome de Libro, como traballan os ilustradores...
 



 
Durante o encontro  xurdiron preguntas moi interesantes, porque nós xa éramos lectores de Marcopola; pero faltaba a máis importante, que non tardou en chegar:
 
 
 

                            Para cando "Avoa power ?