O venres 12 de xuño o club de teatro formado por alumnado de 6º de primaria
presenta a sua obra basada nas aventuras de Don Quixote .
O venres 12 de xuño o club de teatro formado por alumnado de 6º de primaria
presenta a sua obra basada nas aventuras de Don Quixote .
Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria despois de coñecer aos
seus afillado/as e conversar sobre os seus gustos en lectura, está acudindo a biblioteca
para escoller o libro que fale da temática elexida.
Realizaremos a actividade de apadriñamentos o 30 de abril.
XORNADA DO 24 DE ABRIL - Xornada radiovisual interescolar
Emisión desde o auditorio de VIMIANZO
Participa o alumnado de 3º de primaria
Título: Patrimonio natural e cambio climático
Hora: 10:15 a 10:35
Emisión en directo o 24 de abril desde a web de P.N.O
Dende o equipo de biblioteca queremos dar as grazas a todo o alumnado que participou no 1º certame de poesía organizado pola biblioteca escolar.
O alumnado premiado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria recitou a sua poesía acompañado/a do seu titor/a e recibiu un agasallo.
En total foron 10 os premiados/as. Noraboa ! 👏👏
Hoxe recibimos na biblioteca a Pepe de Olegario .
José López Redonda (Sardiñeiro, 1941), mariñeiro, patrón e armador fisterrán, máis
coñecido como Pepe de Olegario dedicou a súa su vida a encontrar unha especie peculiar,
o mero. Aínda que hai anos que está xubilado, o mar segue sendo a súa gran paixón.
Movido por os seus coñecementos náuticos comenzou a crear as suas propias cartas
náuticas, chegando a rexistrar moitos dos naufraxios acaecidos na costa galega.
Pepe contounos que onde están os barcos afundidos hai moito peixe pequeno que
busca refuxio por iso os peixes máis grandes como o mero buscan alí o alimento.
El empezou a traballar na pesca dende moi xoven e chegou a ter ata 3 barcos.
Pepe de Olegario, a súa filla Lupe, e a profe Solange que organizou a entrevista.| Aulas de 5ºA e 5ºB |
Máis tarde os nenos/as de 5º de primaria fixéronlle preguntas. Estas son algunhas delas:
- Cál foi o mero máis grande que pescaches?
Un mero de 80 kilos.
- Canto tempo che leva facer as cartas naúticas?
Moitos días
- Cantas cartas naúticas fiseches?
Un total de 20. Dende a costa de Portugal ata a de Francia.
- Cando empezaches a informarte sobre os naufraxios?
Xa dende moi xoven, cando comezei a pescar, no ano 1965.
- Por qué che coñecen como Pepe de Olegario?
Porque naquela época era moi común o nome de Pepe, e Olegario era o meu avó,
- Nos últimos anos percibiches as consecuencias do cambio climático no mar?
Non sei si é debido ao cambio climático, pero teño a sensación de que a pesca se acaba,
de que algo pasa no mar, o mar está enfermo.
| A profe Solange recitando a fermosa poesía que lle escribiu a Pepe. Aquí deixamos as últimas estrofas 👇 |