31/03/19

Maleta viaxeira :Ciencias primaria C

 22/04/2019 - 10/05/2019
A partir do 22 de abril poderás disfrutar da maleta viaxeira de ciencias na biblioteca. Con libros de ficción, biografías de científicos/as , guías de ciencias naturais e 3 películas .



26/03/19

Visita da escritora Anxela Loureiro

O mércores 10 de abril , na Biblioteca

Horario:
De 10:00 a 11:00 para 3º curso ,co libro "Ota quere voar"





De 11:00 a 12:00 para 4º curso, co libro "Choiva de ras"



25/03/19

Unha mascota

"Buscando a nosa mascota"


Estimados alumnos/as:


Necesitamos a vosa colaboración para que a Biblioteca do cole teña unha mascota. A mascota será a encargada de presentar as distintas actividades que se realicen na biblioteca.

Todo aquel/a que estea interesado/a en participar debe deseñar ou debuxar a mascota que máis lle guste e poñerlle un nome.
O debuxo será en tamaño folio( DIN A4)

Os traballos presentados levarán o nome e o curso do alumno/a.

Haberá un agasallo para os 5 traballos finalistas que serán expostos na biblioteca. Entre eses traballos o alumnado deberá votar o que máis lle guste.
O máis votado será o gañador.


O traballo entregarase ao titor/a. O prazo de entrega na aula será ata o 30 de abril.











02/03/19

Visita de Iago López

VISITA DO ESCRITOR   IAGO LÓPEZ

Día: O Luns 11 de marzo
Lugar: Na Biblioteca
Horario: De 10:30 a 11:00 para Educación Infantil (3 anos e 4 anos A)
              De 11:00 a 11:30 para Educación Infantil (5 anos e 4 anos B)
              De 11:30 a 12:00 para 1º e 2º curso

  E máis adiante, o 10 de abril, teremos a visita de Ánxela Loureiro , co libro "Ota quere voar" para 3º curso e "Choiva de ras" para 4º curso.