25/03/19

Unha mascota

"Buscando a nosa mascota"


Estimados alumnos/as:


Necesitamos a vosa colaboración para que a Biblioteca do cole teña unha mascota. A mascota será a encargada de presentar as distintas actividades que se realicen na biblioteca.

Todo aquel/a que estea interesado/a en participar debe deseñar ou debuxar a mascota que máis lle guste e poñerlle un nome.
O debuxo será en tamaño folio( DIN A4)

Os traballos presentados levarán o nome e o curso do alumno/a.

Haberá un agasallo para os 5 traballos finalistas que serán expostos na biblioteca. Entre eses traballos o alumnado deberá votar o que máis lle guste.
O máis votado será o gañador.


O traballo entregarase ao titor/a. O prazo de entrega na aula será ata o 30 de abril.











Ningún comentario:

Publicar un comentario