27/04/16

"Apadriñamentos lectores", a actividade coa que, o pasado venres, celebramos o Día Internacional do Libro.

É moi gratificante observar como se esmeran...e disfrutan.

19/04/16

"Os libros son para valentes "

Coma en anos anteriores, con motivo da celebración do Día Mundial do Libro( 23 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega.
Desta vez, o texto é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto que "Os libros son para valentes".