19/04/16

"Os libros son para valentes "

Coma en anos anteriores, con motivo da celebración do Día Mundial do Libro( 23 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega.
Desta vez, o texto é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto que "Os libros son para valentes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario