17/12/19

GUÍA DO NADAL 2019

Xa temos listas as guías coas lecturas recomendadas para este Nadal. Preparamos unha para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria (dividida por ciclos).

Que non falte un libro na nosa lista de peticións a Papá Noel ou aos Reis Magos! E por se se lles olvida, á volta de vacacións visita a nosa biblio para levar os teus libros preferidos.

Boas vacacións lectoras!





30/11/19

Anímaste a...

A partir de agora na entrada da biblio temos un espazo para que tanto alumnos como profes poidan recomendar os seus libros preferidos ao resto dos compañeiros e compañeiras.

Se che gustou moito un libro pídelle unha folla de recomendación ao equipo de biblioteca ou aos seus axudantes e o colgarán na parede para que o resto dos nenos o poidan ver.

Tamén podedes recomendar os vosos libros deixando un comentario nesta mesma publicación. Anímadevos a participar!


10/11/19

Mochilas viaxeiras


mochila viaxeira

Raposín, a nosa mascota, quere comentaros que en breve comenzará a actividade das mochilas viaxeiras.

En total, serán este curso  6 mochilas viaxeiras que viaxarán  nas aulas de  2ºA, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB, 4ºC
Dentro delas  van distintos libros e tamén 
o caderno viaxeiro, no cal podedes escribir os vosos comentarios.






04/11/19

Visita de Laura Suárez

Moitas  gracias a Laura Suárez por visitar a nosa biblioteca e presentar ao alumnado de 5º e 6º de primaria  o seu primeiro comic "Los cuentos de la niebla".


Esperamos vela moi pronto  presentándonos o seu novo traballo "Conexión Macarrón", da autora Ledicia Costas, e ilustracións de  Laura Suárez. 



30/10/19

Lecturas de Samaín



Queredes ver como foron as nosas sesións de lectura? 

Non é doado. A noite chegou a deshora, ao noso cole.

































Os alumnos/as de 5º e 6º escoitaron atentamente as historias de Laura Suárez que veunos presentar o seu novo cómic " Los cuentos de la niebla".

















Os nenos de 2º, da man da súa mestra María amosáronnos como facer ben o conxuro da queimada.
Despois tocou esperar a que arrefriase para poder probalo.😉 Estaba ben bo!😋






Mentras esperabamos, os rapaces de 4º C contáronnos o conto de "Bola de Manteiga"









Os nenos e nenas de 4ºB contáronlles aos seus compañeiros de 1ºB o conto " A min non me comas", esperemos que non comeran a ningún...







Chegan novos libros á nosa biblioteca





Pincha aquí➨  NOVIDADES SAMAÍN



18/10/19

24 de outubro



O vindeiro día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, unha iniciativa que dende 1997 promove a Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil.
O pregón deste ano é da escritora Gemma Pascual i Escrivà, e o cartaz do ilustrador Miguel Calatayud.

12/10/19

INAUGURACIÓN DA BIBLIO!

O  luns 28 de outubro abriremos a biblioteca do noso cole, como cada ano os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria axudarán aos membros do equipo de biblioteca no préstamo de libros e no bo funcionamiento da mesma.

Os nosos pequenos bibliotecarios anímanvos a que gocedes dos libros e contos que vos están agardando!