25/03/13

Os contacontos de kalandraka achégannos a Quentin Blake


Hai algunhas semanas os pequerrechos do cole recibiron  a visita de Patricia e Alex, os contacontos de kalandraka.

Eles presentáronlles a Loreto, unha muller ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera
cousa pode resultar útil nas súas mans, por iso, como por arte de maxia, de todos os recunchos do seu abrigo saen xeados, bucinas ou sombreiros.


Pero Loreto non veu soa. A maleta dos contacontos tamén traía a Críctor e a unha galiña moi traballadora...


Título: Os petos de Loreto
Autor: Quentin Blake
Editorial: Kalandraka

Con este libro, traemos ata o noso blog a QUENTIN BLAKE, coñecido debuxante, sobre todo por ilustrar moitos dos libros dun autor maravilloso: ROALD DAHL
Aquí vos deixamos un par de vídeos con moitos debuxos deste recoñecido ilustrador. Disfrutádeo!!




09/03/13

Contacontos de Xerais para o 1º ciclo

O pasado mércores, 6 de marzo, profes e alumnos de 1º ciclo, tivemos a oportunidade de coñecer a Linda, unha vaca un pouco bromista...