25/10/25

E-ELBE.2 LECTURA DIXITAL PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR

 E-ELBE.2 é un novo servizo que ofertan os centros educativos galegos integrados no PLAMBE. 

Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais con variedade de formatos (libros, audiolibros, podcast e outros) en todo tipo de dispositivos e para todos os usuarios( profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios de biblioteca escolar.

Realizaremos a nosa procura mediante o botón de Vista previa, onde podemos acceder ás primeiras páxinas dos títulos para facernos unha idea antes de decidirnos a coller en préstamo. Esta previsualización pode realizarse sen necesidade de estar autenticado na plataforma.

Unha vez nos decidimos por un título en particular, poderemos obter a lectura co contrasinal persoal que temos que solicitar na biblioteca do cole. Cada alumno/a poderá obter un préstamo simultáneo de dous títulos e un total de 10 durante o curso, así como as familias e profesorado.

Esperamos que disfrutedes das lecturas dixitais !  


Ningún comentario:

Publicar un comentario