07/05/20

Comezamos a celebrar o Día das Letras Galegas

Bo día!

O vindeiro 17 de Maio celebramos o día das Letras Galegas, este ano está adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Dentro da súa extensa obra destacou na súa labor poética así como na novela e no teatro. 

Deixámosvos uns cantos recursos para coñecer máis este gran autor da nosa terra.

Na seguinte ligazón do grupo de traballo do Seminario Galán, podemos ver diferentes actividades, recursos e propostas distribuidas por cursos e etapas educativas. Pinchade na que vos corresponda e comezade a coñecer máis sobre a figura deste ano.



Unha vez que coñezades un pouco a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, propoñémosvos un xogo no que imos ser detectives, temos que resolver un misterio na casa do autor. É un xogo interactivo sinxelo no que temos que ir descubrindo pistas para resolver o enigma.
Esta actividade foi proposta por Ana, antiga mestra do noso colexio, moitas grazas por compartir estes materiais tan marabillosos!

Animádevos a participar!

MISTERIO NA CASA DE CARVALHO CALERO

Ningún comentario:

Publicar un comentario