24/10/25
20/10/25
A radio na escola
Hoxe na biblioteca tivo lugar a presentación do programa "A radio na escola".
Este programa irá dirixido a un grupo de alumnado de 5º e 6º de primaria .
Toño Casais, que traballa en Radio Neria, tivo unha charla co alumnado de 5º que colaborará na búsqueda de información para elaborar o podcast.
No podcast que elaboraremos falaremos de "Xosé Iglesias" .
![]() |
![]() |
Nao cetácea é un achegamento visual , poético e narrativo aos nosos mares, a biodiversidade mariña, con especial énfase no mundo dos cetáceos. |
13/10/25
Exposición de cogomelos: AMABUL
A asociación AMABUL ofreceu o martes 7 de outubro unha exposición/ taller na biblioteca para falar dos cogomelos ao alumnado de 6º de infantil , 1º e 2º de primaria.
“Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta” é unha exposición itinerante que trata sobor a importancia ambiental e ecolóxica dos cogomelos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido da conservación dos nosos bosques e dos nosos recursos micolóxicos.
![]() |
![]() |
05/10/25
Apertura da biblioteca : curso 2025 /26
Hoxe, luns 6 de outubro, abrimos a biblioteca á alumnado e profesorado.
Para o servicio de préstamo, no recreo, contamos con novo alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria.
A nosa mascota Raposín quere darvos unha calurosa benvida 😀














