👇
27/10/25
25/10/25
E-ELBE.2 LECTURA DIXITAL PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR
E-ELBE.2 é un novo servizo que ofertan os centros educativos galegos integrados no PLAMBE.
Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais con variedade de formatos (libros, audiolibros, podcast e outros) en todo tipo de dispositivos e para todos os usuarios( profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios de biblioteca escolar.
Realizaremos a nosa procura mediante o botón de Vista previa, onde podemos acceder ás primeiras páxinas dos títulos para facernos unha idea antes de decidirnos a coller en préstamo. Esta previsualización pode realizarse sen necesidade de estar autenticado na plataforma.Unha vez nos decidimos por un título en particular, poderemos obter a lectura co contrasinal persoal que temos que solicitar na biblioteca do cole. Cada alumno/a poderá obter un préstamo simultáneo de dous títulos e un total de 10 durante o curso, así como as familias e profesorado.
Esperamos que disfrutedes das lecturas dixitais !
24/10/25
20/10/25
A radio na escola
Hoxe na biblioteca tivo lugar a presentación do programa "Radio na escola".
Este programa irá dirixido a un grupo de alumnado de 5º e 6º de primaria .
Toño Casais, que traballa en Radio Neria, tivo unha charla co alumnado de 5º que colaborará na búsqueda de información para elaborar o podcast.
No podcast que elaboraremos falaremos de "Xosé Iglesias" .
![]() |
![]() |
Nao cetácea é un achegamento visual , poético e narrativo aos nosos mares, a biodiversidade mariña, con especial énfase no mundo dos cetáceos. |
13/10/25
Exposición de cogomelos: AMABUL
A asociación AMABUL ofreceu o martes 7 de outubro unha exposición/ taller na biblioteca para falar dos cogomelos ao alumnado de 6º de infantil , 1º e 2º de primaria.
“Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta” é unha exposición itinerante que trata sobor a importancia ambiental e ecolóxica dos cogomelos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido da conservación dos nosos bosques e dos nosos recursos micolóxicos.
![]() |
![]() |
05/10/25
Apertura da biblioteca : curso 2025 /26
Hoxe, luns 6 de outubro, abrimos a biblioteca á alumnado e profesorado.
Para o servicio de préstamo, no recreo, contamos con novo alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria.
A nosa mascota Raposín quere darvos unha calurosa benvida 😀
21/06/25
PDI "Eco - ciencia"
Neste video pódense ver as actividades realizadas este curso escolar referentes ao
PDI "Eco- ciencia" .
20/06/25
19/06/25
Conto con Kamishibai
18/06/25
Agasallo para o alumnado colaborador
A nosa mascota Raposín , e todo o equipo de biblioteca , queremos agradecer a colaboración prestada polos axudantes de biblioteca de 5º e 6º de primaria durante este curso.
Gracias polo voso tempo desinteresado adicado á biblioteca escolar 👏👏
![]() |
| Axudantes 5ºA |
Os axudantes que realizaron un total de 15 horas de voluntariado recibirán un diploma emitido pola Xunta de Galicia dentro do programa de bibliotecas escolares solidarias.
Gracias !!!!
13/06/25
Representación teatral : EL Lazarillo de Tormes
Noraboa ao grupo de teatro formado por Lola, Nerea, Emma e Mateo de 5º de primaria que durante moitos recreos estiveron preparando e dirixidos pola mestra Leticia Domínguez unha adaptación do Lazarillo de Tormes que a representaron o venres 13 no salón do Concello de Cee. Pasámolo moi ben! 👏👏
Pulsa na imaxe para ver o video 👇
![]() |
| Lola. representando a Lazarillo |
10/06/25
As herbas de San Xoán
O alumnado de 6º de primaria presentou esta semana na hora de ler, na biblioteca , ás aulas de 4º de primaria o seu traballo sobre as herbas de San Xoán. A menta, o fiuncho, a malva de olor, a ruda, a herba de Santa María e outras plantas aromáticas son as que se recollen para facer o cacho na noite máxica de San Xoán.
![]() |
| As herbas de San Xoán |
![]() |
| Alumnado oínte: 4º primaria |
![]() |
| A herba de Santa María |
![]() |
| A néboda |
![]() |
![]() |
![]() |
| Fotos da exposición do traballo: Aula de 6º A |
Bo traballo !!
05/06/25
Videos con xoguetes de playmóbil
Duas aventuras narradas en video e realizadas con xoguetes de Playmóbil.
Escrito por Daniel, Yerik e Erik da aula de 6º A 👇
Escrito por Alexandra, Azara y Leyre de 4º de primaria
Mestras de P.T colaboradoras: Mar e Lucía
Uso da madeira de eucalipto:
O alumnado de 4º de primaria , como parte do proxecto de Eco ciencia tivo este xoves 5 de xuño unha charla sobre o uso e procesado da madeira.
Andrés, o pai de Marco de 4ºA trouxo mostras de madeira, plantas xoves de pino e eucalipto e explicounos a sua utilidade.
![]() |
| Cortes de madeira de pino e eucalipto |
![]() |
| Plantas de pino e eucalipto xoven |
![]() |
| Andrés Senra |
![]() |
| Aula de 4º A e 4ºB |

















































