25/06/24

Guía de lecturas para o verán

                       


 A nosa mascota Raposín , e todo o  equipo de biblioteca formado polas mestras Mar, Masú, Solange, Ana Ferreira e Ana Sánchez, queremos agradecer a colaboración prestada polos axudantes de biblioteca de 5º e 6º de primaria durante este curso. 

Gracias polo voso tempo desinteresado adicado á biblioteca escolar 👏👏

Os axudantes que realizaron un total de 15 horas de voluntariado recibirán un diploma emitido pola Xunta de Galicia dentro do programa de bibliotecas escolares solidarias. 

                         Gracias e bo verán!!


     Agasallo para o  alumnado voluntario






10/06/24

Estudo de plantas autóctonas no monte Cambeiro

 O alumnado de 3ºA e 3ºB realizou hoxe  unha saída ao Monte Cambeiro, como actividade integrada  dentro do PDI Eco vida.  Coñecimos a historia de como se eliminaron os eucaliptos  e se plantaron árbores autóctonas. Localizamos  as distintas especies de plantas autóctonas que crecen neste monte de forma natural. Logo  por grupos  as  identificamos , dibuxamos e fixemos un caderno de campo.


         video "Creamos un bosque" sobre o Monte Cambeiro


Identificando as plantas 


 
Linaria triornithophora (Arreitó)


Debuxamos as plantas 

No monte Cambeiro