Comezamos co proxecto sobre ..........o CAMBIO CLIMÁTICO!!
![]() |
| Libros para o proxecto "Cambio climático" |
![]() |
| Horario de visita por grupo- aula |
Se queres ser unha Eco aula acude á biblioteca e visita o recuncho ecolóxico.
👇
Relacionado co traballo de investigación sobre Xosé Iglesias as aulas de 5ºA e 5ºB o venres 21 de novembro visitaron o museo da pesca de Fisterra. A visita foi guiada por Alexandre Nerium que lles contou moita información sobre as artes de pesca, cómo se pescan os pulpos, distintos tipos de nasas,como diferenciar unha navalla dun longueirón, sobre a pesca da balea,e moitas máis cousas . Ao finalizar recitounos este poema:
Cabaleiro do mar, fun cabaleiro
dun castelo de estrelas desvalidas,
entre cachóns de anémonas perdidas
entre cinzas que afloran no salseiro.
O mércores 26 reunirase o grupo de nenos/as de 5º que están recopilando información con Toño Casais para continuar coa preparación do podcast sobre "Xosé Iglesias" .
O alumnado de 4ºB tivo hoxe o encontro con Melisa Maceiras .
![]() |
| Alex nos presenta su libro "Las amigas del espejo" |
![]() |
E-LBE.2 é un novo servizo que ofertan os centros educativos galegos integrados no PLAMBE.
Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais con variedade de formatos (libros, audiolibros, podcast e outros) en todo tipo de dispositivos e para todos os usuarios( profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios de biblioteca escolar.
Realizaremos a nosa procura mediante o botón de Vista previa, onde podemos acceder ás primeiras páxinas dos títulos para facernos unha idea antes de decidirnos a coller en préstamo. Esta previsualización pode realizarse sen necesidade de estar autenticado na plataforma.Unha vez nos decidimos por un título en particular, poderemos obter a lectura co contrasinal persoal que temos que solicitar na biblioteca do cole. Cada alumno/a poderá obter un préstamo simultáneo de dous títulos e un total de 10 durante o curso, así como as familias e profesorado.
Esperamos que disfrutedes das lecturas dixitais !
Raposín nos presenta a actividade de mochilas viaxeiras dirixida a todas as aulas de Infantil e primaria para este curso: 😊