17/12/24
16/12/24
Narración con Kamishibai "O apalpador"
Kamishibai é unha palabra xaponesa que significa "teatro de papel”. É unha forma, dende séculos, de contar contos en Xapón. Trátase dun teatriño de madeira cunha sucesión de láminas ilustradas coas que se narra e interpreta unha historia. Sons, imaxes, palabras, conformarán a maxia do kamishibai.
A aula de 5ºA en pequenos grupos, está preparando un kamishibai para narrar o conto do apalpador . Realizarase esta semana na biblioteca, co seguinte horario.
04/12/24
Minibiblioteca itinerante
08/11/24
Encontro con Concha Blanco
O encontro coa escritora Concha Blanco serviu para inaugurar unha nova andaina para o club de lectura Navegantes.
Concha Blanco falounos da importancia da lectura .
Lendo potenciamos a imaxinación. A lectura exercita a mente.
Concha Blanco falounos da sua traxectoria como escritora: comenzou a escribir relatos en galego, porque nese momento na escola non se daba o galego na aula.
![]() |
29/10/24
A figueira de Pelostortos
27/10/24
Lecturas de Samaín
Se queres pasar medo 👀, ven á biblioteca 😱
👇
Lecturas de Samaín, lecturas de medo, de monstruos...
21/10/24
Lecturas do mar
Este mes de outubro creamos na biblioteca o recuncho "Lecturas do mar", para colaborar co proxecto do mar que está realizando o alumnado de infantil.
Iremos engadindo novas lecturas 👇
18/10/24
mochilas viaxeiras
O venres 18 de outubro poñemos en marcha para este curso a actividade de
👉 mochilas viaxeiras
Vai dirixida ao alumnado de Infantil ata 4º de primaria e conta coa colaboración das familias.
As mochilas conteñen distintos libros e tamén un caderno viaxeiro, no cal poderedes escribir os vosos comentarios.
![]() |
mochilas de infantil |
14/10/24
Conto sobre Raposín
O alumnado de 1ºA acude a biblioteca onde coñecerá a historia da nosa mascota Raposín.
01/10/24
Apertura da biblioteca : curso 2024 /25
O luns 7 de outubro abrimos a biblioteca en horario de recreo.
Contamos con novo alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria.
A nosa mascota Raposín quere darvos unha calurosa benvida 👋
25/06/24
Guía de lecturas para o verán
A nosa mascota Raposín , e todo o equipo de biblioteca formado polas mestras Mar, Masú, Solange, Ana Ferreira e Ana Sánchez, queremos agradecer a colaboración prestada polos axudantes de biblioteca de 5º e 6º de primaria durante este curso.
Gracias polo voso tempo desinteresado adicado á biblioteca escolar 👏👏
Os axudantes que realizaron un total de 15 horas de voluntariado recibirán un diploma emitido pola Xunta de Galicia dentro do programa de bibliotecas escolares solidarias.
Gracias e bo verán!!
20/06/24
10/06/24
Estudo de plantas autóctonas no monte Cambeiro
O alumnado de 3ºA e 3ºB realizou hoxe unha saída ao Monte Cambeiro, como actividade integrada dentro do PDI Eco vida. Coñecimos a historia de como se eliminaron os eucaliptos e se plantaron árbores autóctonas. Localizamos as distintas especies de plantas autóctonas que crecen neste monte de forma natural. Logo por grupos as identificamos , dibuxamos e fixemos un caderno de campo.
![]() |
Linaria triornithophora (Arreitó) |
![]() |
Debuxamos as plantas |
![]() |
No monte Cambeiro |