27/03/26

Entrevista a José López Redonda

Hoxe recibimos na biblioteca a  Pepe de Olegario . 

José López Redonda (Sardiñeiro, 1941), mariñeiro, patrón e armador fisterrán, máis

coñecido como Pepe de Olegario dedicou a súa  su vida a encontrar unha especie peculiar,

o mero. Aínda que hai anos que está xubilado,  o mar segue sendo a súa gran paixón.

Movido por os seus  coñecementos náuticos comenzou  a crear as suas propias cartas

 náuticas, chegando a rexistrar moitos  dos naufraxios acaecidos na costa galega.


Pepe contounos que onde están os barcos afundidos hai moito peixe pequeno que 

busca  refuxio por iso os peixes máis grandes como o mero buscan alí o alimento.

 El empezou a traballar na pesca dende moi xoven e  chegou a ter ata 3 barcos.

       Pepe de Olegario, a súa filla Lupe, e a profe Solange que organizou a entrevista.


   
Aulas de 5ºA e 5ºB









                                               

Máis tarde os nenos/as de 5º de primaria fixéronlle preguntas. Estas son algunhas delas:

- Cál foi o mero máis grande que pescaches?

 Un mero de 80 kilos.

- Canto tempo che leva facer as cartas naúticas? 

 Moitos días 

- Cantas cartas naúticas fiseches? 

 Un total de 20. Dende a costa de Portugal ata a de Francia.

- Cando empezaches  a informarte sobre os naufraxios?

 Xa dende moi xoven, cando comezei a pescar,  no ano 1965.

- Por qué che coñecen como Pepe de Olegario?

 Porque naquela época era moi común o nome de Pepe, e Olegario era o meu avó,

- Nos últimos anos percibiches as consecuencias do cambio climático no mar?

Non sei si é debido ao cambio climático, pero teño a sensación de que a pesca se acaba,

de que algo pasa no mar, o mar  está enfermo.

 
A profe Solange recitando  a fermosa  poesía que lle escribiu a Pepe.
Aquí deixamos as últimas estrofas 
👇


carta naútica feita por Pepe

mural