29/04/24
26/04/24
Presentación do libro "O castiñeiro de cores"
Hoxe na biblioteca, o alumnado de 5º de infantil, presentou o seu libro "O castiñeiro de cores" fruto do traballo coas familias e coas titoras Marisa Miguens e María Lorenzo .
Este proxecto está encadrado no programa Voz Natura . Noraboa !!!
Alumnado de 5º Infantil |
Presentación do libro ás familias |
O castiñeiro de cores |
25/04/24
Apadriñamentos lectores : día do libro
O 23 de abril o alumnado de Educación infantil acudiu a casa da cultura a ver unha obra de Talía teatro "Rosa caramelo"
O 24 de abril realizamos a actividade dos apadriñamentos lectores organizada polo equipo de biblioteca. O alumnado compartiu lecturas en boa compañía.
Preme no enlace para ver as imaxes que publicamos na páxina web do cole
21/04/24
17/04/24
Pasando a bóla. Xogando para cambiar
PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR - A Xanela do Maxín
O mércores 17 de abril as 12:45 no auditorio da casa da cultura.
Dirixida ao alumnado de 4º e 5º de primaria.
Contará coa colaboración do alumnado voluntario. En conxunto, escenificarán escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso nas escolas.
Alumnado voluntario participante |
06/04/24
21/03/24
Día da poesía
07/03/24
Actividade interactiva de Formación de Usuarios. Nº 1
Esta actividade axudarache a diferenciar os libros de consulta dos libros de literatura e as diferentes seccións que hai dentro dos libros de literatura.
06/03/24
23/02/24
Poesía para lembrar a Rosalía
Imos a celebrar unha semana espectacular.
A de María Rosalía Rita de Castro
é unha semana para recordar.
Aqueles vellos tempos que nós gardamos,
aquelas poesías que non recordamos
cando as queimaron.
Sabemos o que é morrer,
pero tamén soñar.
Si morres sen soñar,
morres desgraciado.
Gael Lago Lema (4ºB)
17/02/24
10/02/24
Biblioteca escolar solidaria
Centros admitidos na modalidade de Voluntariado escolar Primaria para o curso 2023//24
😀Boas novas:
A nosa biblioteca está admitida na convocatoria de Bibliotecas Escolares Solidarias , na modalidade de Voluntariado primaria 2023/24. Todo isto é posible gracias a axuda do alumnado colaborador da biblioteca que nos axuda no tempo de recreo no servicio de préstamo de libros e tamén noutras actividades da Biblioteca .
MOITAS GRACIAS a os nosos axudantes !!!!
25/01/24
12/01/24
Maleta viaxeira literaria : contos para un planeta
Dende o equipo de biblioteca queremos informaros da chegada da maleta literaria do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
Trátase dunha selección de recursos motivadores para a educación ambiental, mais tamén para a animación á lectura, para imaxinar, divertirse, e emocionarse.
Esta actividade forma parte do proxecto documental integrado (PDI) que ímos desenrolar este curso "Ecovida"
Animádevos a visitar a biblioteca a coñecer o contido da maleta.
👇 Aquí podes ver o contido da maleta
Ana y Marta de 6ºA |
contido da maleta |
Daniela de 5ºA |
Moitas gracias ao alumnado voluntario por colaborar nesta actividade!!!