Hoxe presentamos ao alumnado de Educación infantil este conto dramatizado por:
Emma, Lola, Nerea e Mateo, de 5º de primaria.
![]() |
![]() |
Mateo, Nerea, Lola e Emma 👏👏 |
Se queres pasar medo 👀, ven á biblioteca 😱
👇
Lecturas de Samaín, lecturas de medo, de monstruos...
Este mes de outubro creamos na biblioteca o recuncho "Lecturas do mar", para colaborar co proxecto do mar que está realizando o alumnado de infantil.
Iremos engadindo novas lecturas 👇
Relacionado con este proxecto o alumnado de infantil acudiu á praia de Estorde onde un membro da Asociación limpocean explicou como recoller os residuos e posteriormente seleccionalos para poder reciclalos e colaborar a manter limpos os mares.
![]() |
Alumnado de infantil |
![]() |
Limpocean: un mar limpo de plásticos |
![]() |
Recollida e separación de residuos |
O venres 18 de outubro poñemos en marcha para este curso a actividade de
👉 mochilas viaxeiras
Vai dirixida ao alumnado de Infantil ata 4º de primaria e conta coa colaboración das familias.
As mochilas conteñen distintos libros e tamén un caderno viaxeiro, no cal poderedes escribir os vosos comentarios.
![]() |
mochilas de infantil |
O luns 7 de outubro abrimos a biblioteca en horario de recreo.
Contamos con novo alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria.
A nosa mascota Raposín quere darvos unha calurosa benvida 👋