Para celebrar a Semana do Libro, hoxe propoñemos escoitar á cantante Rozalén, que nos vai ler un conto que xa está na nosa biblioteca esperando a que regresedes para sacalo do andén e levalo a casa.
Ao mellor pensabades que non tíñamos a ninguén que nos lese en galego...pois xa vedes que equivocados estabades. Seguro que vos soa, a historia de Carabuñas, xa leva tempo con nós, pero sempre é un bo momento para volver a escoitala. Unha aperta moi forte
Encantoume este tándem.Noraboa
ResponderEliminar